sábado, 28 de abril de 2012

Lumes das Fragas do Eume

Como xa sabedes todos, hai case que un mes que aconteceu na Galiza outra desgraza natural similar á do vertido de fuel do Prestige fai xa case 10 anos. Un malnacido (é o máis amable que se lle pode dicir porque se o collen merece que lle queimen 2/3 das súas gónadas) tivo a xenial idea de provocar o incendio no parque natural das Fragas do Eume. Por se alguén non as coñece ou non lle soa este lugar, velaí tendes unha imaxe deste fermoso lugar:



Como podedes comprobar, esta beleza de lugar ardeu na súa gran maioría (safaronse a zona de A Capela e pouco máis). Ao marxe disto, a total incomPPetencia da Xunta e os excasos de medios para protexer as Fragas foi total. Outra cousa que me indignou moitísimo foi ver as imaxes da xente que se quedaba mirando mentres os bombeiros levaban a cabo as tarefas de extinción do lume, en vez de axudar e votar unha man. Quen me dera a min poder estar alí axudando, máis por diversos motivos, non puiden. A continuación adxunto unha imaxe dun bombeiro totalmente impotente e desesperado en plena loita contra o lume.


Coma podedes comprobar, unha imaxe vale máis ca mil palabras.

 De feito, o luns seguinte no obelisco organizouse mediante Facebook un evento para manifestarse pola total e absoluta incompetencia do Goberno de Feijoo e pola total falta de medios para protexer as Fragas. Velaí tendes as imaxes:


Ao principio desta concentración, velaí tendes toda a xente que se movilizou pola causa.



Pancarta "Lumes Nunca Máis". "IncomPPetencia".


"Intereses empresariais queimando parques naturais". Gran verdade a que se reza nesta pancarta.


Chegada da concentración en sinal de protesta pola total incompetencia mostrada pola Xunta e polo Goberno para protexer as Fragas.

Saúdos e ata loguiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario